Que é a danza de espadas de Quintáns?
A danza de espadas de Quintáns é un baile tradicional que mestura elementos relixiosos e pagáns. Celébrase todos os anos na parroquia muxiá de Quintáns durante a primeira fin de semana de agosto, coincidindo coas festas na honra de ‘San Isidro Labrador’ e ‘Santa María da Cabeza’.
Esta representación forma parte do que se coñece como “danzas brancas” no patrimonio cultural inmaterial galego.

Un grupo de danzantes, portando espadas reais (algunhas delas moi antigas), acompaña a procesión do santo debuxando figuras e arcos no aire. Todo isto realízase baixo as ordes dun “danzante principal” que dirixe maxistralmente a coreografía.
-
O ritmo (O punto e o paso): A danza estrutúrase en dúas partes fundamentais: o punto e o paso. Se por algo destaca esta execución, é polo seu ritmo vertixinoso. A velocidade da danza é tal que os espadachíns e os músicos adoitan acabar exhaustos. Ademais, tanto a coreografía como a peza musical (tocada con gaitas e percusión) son exclusivas de Quintáns.
-
Unha herdanza de pais a fillos: Un dos detalles que sempre chama a atención e emociona ao público é a transmisión desta testemuña. Ser danzante é un orgullo que, en moitas ocasións, pásase de pais a fillos, tecendo un vínculo de sangue que garante que as espadas sigan bailando xeración tras xeración.
Outras ligazóns

A asociación
Descobre a Asociación Santa María da Cabeza e o noso labor protexendo a Danza das Espadas.

Blog e prensa
Últimas novas, reportaxes e aparicións nos medios da Danza das Espadas de Quintáns.

Galería de imaxes
As mellores fotos e vídeos das nosas actuacións, ensaios e momentos inesquecibles.
