🎉Boas tardes veciñ@s e amig@s!🎉
É tempada de cambios e neste caso ensinámosvos o que estivemos a facer o sábado pasado. Como xa sabedes as espadas da nosa danza centenaria xa teñen moitos anos e necesitaban unha renovación.
Lixamos e pulimos as 16 espadas da danza para deixalas como vedes nos vídeo, vaia lavado de cara!
Estamos desexando volver a vestirnos de branco e coller as espadas na man pra honrar a San Isidro Labrador!
Apertas,
A comisión de Festas.